Saturday 04 de May de 2024

O Concello mellorará a recollida de residuos cun novo vehículo recolector e 19 contedores amarelos


• As medidas permitirán xestionar os refugallos de forma máis eficiente, ofrecendo un servizo máis completo e fomentando a reciclaxe.

• O Consistorio financia esta iniciativa co Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, que achega 57.252 euros para a adquisición do equipamento.

O Concello de Ortigueira mellorará o sistema de recollida de residuos sólidos urbanos coa incorporación dun novo vehículo recolector e dezanove contedores amarelos para o plástico. Con esta actuación, o Consistorio prevé xestionar de forma máis eficiente os refugallos, ofrecendo un servizo máis completo á cidadanía do municipio. Unha acción que tamén servirá para fomentar a reciclaxe e, por tanto, reducir a contaminación ambiental.
O Concello financia este proxecto a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, que dedica 57.252 euros para poder adquirir o equipamento mencionado.
A adquisición do novo vehículo permitirá ao Concello configurar novos roteiros de recollida de lixo, abarcando en menos tempo un espazo maior. A compra do novo transporte terá un custo de 55.660 euros, que se financiará con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.
Á súa vez, dentro das melloras deste servizo, inclúese a colocación de 19 novos contedores, impulsando en maior medida a reciclaxe, o que contribuirá a reducir a contaminación ambiental no municipio, facilitando a separación dos residuos.
“ Traballamos para mellorar un servizo que é básico e que precisa seguir progresando, adaptándose ás necesidades dúas veciños e veciñas”, explicou o alcalde do municipio, Juan Penabad Muras.